Os rapaces e rapazas pintaron rosas e pensamentos para engalanar o seu retrato e rendirlle como cada ano unha pequena homenaxe.
Traballamos a súa biografía con xogos e fichas, adentrámonos na súa obra, con diferentes poemas :"O gaitero"ou "Campanas de Bastabales", que escoitamos na voz de Amancio Prada. Hoxe máis que nunca temos que loitar por falar e espallar a nosa lingua e lembrar ás futuras xeracións todo o que esta muller fixo pola nosa lingua, nun tempo difícil no que non se deixou amendrentar.
Pincha no seguinte enlace e aprenderás máis sobre Rosalía: "Cultura galega para principiantes" xogo en kahoot
Ningún comentario:
Publicar un comentario