mércores, 22 de decembro de 2021

NADAL 2021

 Un ano máis chegou a maxia do Nadal ás nosas aulas!!

Ao longo do mes de decembro elaboramos estes divertidos calendarios de ADVENTO.



Cada día traballamos dúas palabras relacionadas con esta celebración, así ampliamos o noso vocabulario expresamos o significado que ditas palabras teñen para nós nestas datas tan especiais.

Continuamos coa tradición de escribir POSTAIS DE NADAL








Adornamos as nosas PORTAS



 Recibimos, con moita ilusión, a visita dos REIS MAGOS


E...como broche final, tivemos SESIÓN DE CINE!!




Parecía un  cine de verdade!! Tivemos que entregar a nosa entrada e as butacas estaban numeradas.






Ningún comentario:

Publicar un comentario