xoves, 4 de maio de 2023

DÍA DO POBO XITANO, 8 DE ABRIL

 Co gallo do día 8 de abril, día do pobo xitano, a nosa alumna Sara Montoya Vargas, alumna de 4º B, decidiu elaborar un traballo para dar a coñecer a importancia desta data   para ela, para a súa familia e o seu pobo aos alumnos de 4º, os seus compañeir@s. 

No seu traballo Sara  falou da orixe, dos costumes, da música,  dos símbolos, e do seu himno. Un día diferente no que aprendemos moitas cousas interesantes. Noraboa Sara e a todos pola súa escoita e respecto!! 





Símbolo do pobo Xitano, presente na súa bandeira, parte superior azul coma o ceo, parte inferior verde coma a herba, e no centro a roda vermella que representa os carros, o medio de transporte utilizado no seu exódo dende  India en busca da liberdade.







A celebración do 8 de abril, Día Internacional do Pobo xitano, é un día para mostrar o orgullo de ser xitanos e xitanas, reinvidicar o dereito ao recoñecemento e á igualdade. Esta data recorda o primeiro Congreso Mundial romaní/xitano celebrado en Londres o 8 de abril de 1971. 

Posteriormente profundizamos na orixe do pobo xitano, para saber a súa historia, tradicións e folclore, visualizando vídeos onde nos falaban coma ese día tiran pétalos ao río ou escoitando música propia do seu folclore. Por último lemos e escoitamos o seu himno 'gelem, gelem'