O 30 de xaneiro celebramos o día da Paz, con distintos actos. Retomamos a carreira solidaria a favor de SAVE CHILDREN, grazas aos rapaces/rapazas e ás familias pola súa implicación. Un éxito rotundo!!!! Na carreira agardábanse uns aos outros para chegar á meta xunt@s. Unha vez máis amosaron que saben ser grupo e amig@s. Ao rematar quitamos fotos co diploma que acreditaba a súa participación na carreira.
Tamén colaboramos nun mural conxunto do cadro ´´Guernica´´ de Pablo Picasso, pegando anacos de tea . Asemade colorearon cada un o seu debuxo e en grupo buscaron información sobre a vida e obra deste artista.