xoves, 24 de novembro de 2022

25N - Día internacional da eliminación da violencia contra a muller

O 25 de novembro conmemoramos o día internacional da eliminación da violencia contra a muller, con distintos actos e traballamos para concienciar a noso alumnad@. 
 
0 23, acercámonos a Biblioteca Nodal de Lugo. 
 
Había moitas ganas de excursión, de saída!!!!! Ainda que so fora a uns metros do colexio.
 
 Alí tivemos unha actividade amenizada por Raquel Queizás que a modo de contacontos nos achegou a figura da periodista Elizabeth Jane Cochran, conocida polo seu seudónimo como Nellie Bly, esta muller foi unha periodista, escritora e empresaria estadounidense moi intrépida, que no século XIX se converteu na primera reporteira de periodismo de investigación. Asi descubrimos a volta ao mundo en 72 días.
 
Unha interesante lectura para este Nadal!
Algunhas fotos dos nosos alumn@s na sesión de narración oral

                                    Traballos dos nosos alumn@s

xoves, 17 de novembro de 2022

SAMAÍN 2022



 Chegou por fin... a celebración máis esperada O SAMAÍN!!!! O único día en que o medo está admitido no colexio. Ao longo da semana traballamos esta festa e as nosas aulas enchéronse de teas de araña, pantasmas, morcegos...




Fixemos as nosas particulares historias de bruxas e vampiros.

 

Elaboramos receitas terroríficas




Participamos no concurso de cabazas do colexio.






A creatividade, imaxinación e participación sorpréndennos cada ano!!!!

 E... por suposto, rematamos a festa, ataviados para a ocasión, coas nosas mellores galas.