martes, 18 de outubro de 2022

DESCUBRINDO A PICASSO!

 


Como neste curso académico celébrase o 50 aniversario do pasamento de Pablo Picasso (Málaga, España 25 de outubro de 1881 - Mougins, Francia; 8 de abril de 1973), non podíamos deixar pasar a figura dun xenio español sen coñecelo un pouquiño máis. 

Fomos coñecendo a súa vida e obra  grazas  as obras que dispoñemos na biblioteca como ''O  soño de Picasso''. Coñecendo cadros  de distintos estilos : cubistas, pintura azul, pintura rosa, pintura negra, escultura... e  que o levou a pintar o '' Guernica''

















 

 

 

Os rapaces fixeron caricaturas e debuxos que adornan as nosas portas

sábado, 15 de outubro de 2022

BENVIDOS A UN NOVO CURSO 2022/2023!

Benvidos nenos e nenas, xa de cuarto a este novo curso!!

  

 Que rápido pasou o verán amiguiñ@s, xa estamos aquí coas mesmas mestras pero nunha clase diferente e no primeiro andar!!

Este curso seguiremos tendo este espazo para compartir vivencias, experiencias e momentos para non esquecer. Como ben sabedes dende o primeiro día de curso o proxecto  que presidirá este curso académico  é  ''coñece e vive o mundo a través   da pintura''

 


 

Sen lugar a dúbidas imos pásalo moi ben  co que nos gusta pintar, debuxar, decorar, saír, visitar museos, en resumo vivir o mundo da arte en 1ª persoa.