xoves, 22 de xuño de 2023

FIN DE CURSO, DESPEDIDA

 Hoxe é o ultimo día de curso, e non podiamos rematar sen quitar unha foto todos xuntos para lembrar todos os bos momentos que pasamos e as dificultades que superamos cando as cousas non saían como queriamos:




Feliz verán e felices vacacións, un orgullo ser as vosas mestras e acompañarvos todo este tempo!!!!

xoves, 4 de maio de 2023

DÍA DO POBO XITANO, 8 DE ABRIL

 Co gallo do día 8 de abril, día do pobo xitano, a nosa alumna Sara Montoya Vargas, alumna de 4º B, decidiu elaborar un traballo para dar a coñecer a importancia desta data   para ela, para a súa familia e o seu pobo aos alumnos de 4º, os seus compañeir@s. 

No seu traballo Sara  falou da orixe, dos costumes, da música,  dos símbolos, e do seu himno. Un día diferente no que aprendemos moitas cousas interesantes. Noraboa Sara e a todos pola súa escoita e respecto!! 





Símbolo do pobo Xitano, presente na súa bandeira, parte superior azul coma o ceo, parte inferior verde coma a herba, e no centro a roda vermella que representa os carros, o medio de transporte utilizado no seu exódo dende  India en busca da liberdade.







A celebración do 8 de abril, Día Internacional do Pobo xitano, é un día para mostrar o orgullo de ser xitanos e xitanas, reinvidicar o dereito ao recoñecemento e á igualdade. Esta data recorda o primeiro Congreso Mundial romaní/xitano celebrado en Londres o 8 de abril de 1971. 

Posteriormente profundizamos na orixe do pobo xitano, para saber a súa historia, tradicións e folclore, visualizando vídeos onde nos falaban coma ese día tiran pétalos ao río ou escoitando música propia do seu folclore. Por último lemos e escoitamos o seu himno 'gelem, gelem'

xoves, 27 de abril de 2023

DÍA DO LIBRO 2023: Bingo literario

 Para conmemorar o "Día do libro" o luns, 24 de abril, os compañeiro@s de sexto representaron para nós unha pequena adaptación de dous capítulos de da obra máis coñecida de Miguel de Cervantes " Don Quixote da Mancha".























A nosa misión consistía en cubrir un cartón de bingo con palabras relacionadas coa obra. Estes foron os cartóns gañadores.





luns, 24 de abril de 2023

CONCURSO BIBLIOTECA: QUE SABES DA PINTURA? PREGUNTA NR. 2

Pregunta nº 2,  a continuación para investigar e contestar antes do venres 28.04.2023.

Mo mes de novembro conmemoramos no cole unha data moi importante para o respeto das persoas. Adicámoslle este día a unha muller pintora non española.  Fixemos un mural colaborativo entre todos os cursos no que o seu fondo era negro.







xoves, 20 de abril de 2023

DÍA DO LIBRO: AS NOSAS RECOMENDACIÓNS

https://read.bookcreator.com/r87iExXAdhgBqYSBYiWwmuWi8w92/eykNTwk8Q1SJJ_Zm5dl9bw

DÍA DEL LIBRO - 23 DE ABRIL

El 23 de abril celebramos el día del libro, un día simbólico para la literatura mundial, ya que ese día, en 1616,  fallecieron Miguel de Cervantes y Saavedra, Garcilaso de la Vega y William Shakespeare. Tres grandes autores de la literatura universal.

 A D. Miguel de Cervantes y Saavedra, le debemos la publicación de '' El Ingenioso Hidalgo Don Quijote de la Mancha''. 

A continuación, un vídeo sobre este libro para conocer sus personajes y aventuras principales:




 Si  dispones de más tiempo, aquí tienes una versión  con audio muy completa:



 


 

mércores, 19 de abril de 2023

CONCURSO BIBLIOTECA: QUE SABES DA PINTURA?

Chegou a hora de poñer a proba o que levamos coñecido e vivido do mundo a través da pintura durante estes dous trimestres. PREGUNTA 1: Deberás descubrir o nome dos pintores e obras agochados nas letras do seguinte mural.